Inicio
DESTINATARIAS/OS
Veciñas/os de Culleredo
- Xubiladas/os ou maiores de 65 anos.
- Adultos (maiores de 36 anos)
- Mozas/os de entre 18 e 35 anos
UBICACIÓN
Parcela de 3.625 m2
Villa Melania – Rutis – Culleredo
OBXECTO
Sensibilizar, Mobilizar e Formar á poboación local no desenvolvemento sostible
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
-
Fomentar a participación cidadá no desenvolvemento sostible.
-
Promover a educación ambiental no Concello.
-
Establecer e valorar as relacións entre o medio natural e as actividades humanas.
-
Facilitar o contacto directo e a manipulación de elementos como a terra, a auga, as plantas, etc… proporcionando unha experiencia enriquecedora.
-
Coñecer as técnicas de cultivo da Agricultura Ecolóxica.
-
Fomentar a adquisición dunha serie de valores que nos motiven a sentir interese e preocupación por conservar a biodiversidade e os hábitats naturais das especies hortícolas tradicionais e autóctonas.
-
Crear unha rede local de sementes destinado ao intercambio entre as/os participantes do proxecto.
-
Fomentar o consumo local de produtos.
-
Fomentar a relación interxeneracional a través da transmisión por parte das/os nosas/os maiores ás/aos máis novas/os das tradicións rurais




